Páxinas

2008/08/10

Bótase a noite

Bótase a noite, acende os faros, que se me caeu o amor e non o quero perder.

Discover Billie Holiday!

2008/07/18

Lembranza ou ensoñación

Non sei se foi lembranza ou ensoñación o que provocou o lategazo dentro ao ver o xogo de olladas entre o baile, seguindo o ritmo e alleos a todo, tan morenos, tan insinuantes, tan prometedores... E eu convertida nunha voyeur por culpa desta lembranza túa que non teño.

2008/07/09

H.

Hoxe miña sobriña cumpriu seis anos.
A fortuna non foi benévola con ela.
Dous nenos nun baño. Un berro estarrecedor, un pai correndo, un Meu Deus! e un silencio eterno. Unha nai tentando marcar un número telefónico, a nena berrando, avós histéricos e en cuestións de segundos unha conversa relaxada derivara nunha manada de adultos entolecidos. Un accidente doméstico, un maldito despiste entre nenos, rematou con ela nun quirófano onde un cirurxián plástico tentaba salvar unha falanxe dun dos seus dediños miúdos.
Parabéns no teu aniversario querida H., ata hoxe non me dera conta de canto te quero.

2008/06/30

Porteiros

Cáeme ben este tipo
aínda que o que a min me gustaba de verdade era estoutro:

que por certo, hai que ver o que cambiou, en fin, e eu tamén.
Non, non me gusta o fútbol, gústanme algúns porteiros :D
E tamén me gusta ver partidos nos que se xoga algo máis que uns puntos de liga, xa se sabe, finais de liga, finais de mundiais, finais de copa de Europa e esas cousas.
Gústoume ver a final, paseino ben e quería que ganase España!
Non, a miña pureza de sangue non é inmaculada.
Amoloume moito todo o que se montou nesta febre/histeria colectiva co do sentimento nacionalpatrioticoespañolistaexclusivista, e amoloume outro tanto a reacción oxaláperdanquesonoinimigoabater ao mellor non ten tantos pés o gato e somos nós os nosos propios inimigos.
Asumo que me unen moitas cousas máis a España que un DNI, un IPC e un ministerio de facenda pero iso xa é outra historia.
Haberá que ir pensando en mañá e na nova semana que está por diante, mentres fóra xa van desaparecendo as euforias da vitoria europea.
Veña, piedade, que só foi un partidiño, que non merezo pasar a estar na listaxe negra :(