Páxinas

2006/09/07

Florecemento


Os meus florecementos son así, afaraste.

[Fotografía de C. Owen Johnson, 2004]

O poder da palabra

No ano 1898 este home escribiu A guerra dos mundos.

O 30 de outubro de 1938, véspera de Halloween, estoutro home adaptou a obra e dramatizouna nun programa radiofónico.

Ao día seguinte os xornais publicaban isto.

Aínda que tamén existe a teoría da conspiración segundo a cal a emisión do programa sería unha forma de probar os efectos da guerra psicolóxica sobre a poboación norteamericana, a min gústame pensar nese episodio como nun magnífico exemplo do poder da literatura, en definitiva, do poder da palabra.


*Post orixinado despois de ler Cando a literatura era poderosa de Francisco Castro en A canción do náufrago.

[Jeff wayne: The war of the worlds – 01 – The ever of the war]

powered by ODEO

2006/09/04

:areias:sonoras:

De Homedareia.
(Especialmente a area 0.2)


Click here to get your own player.

Nurse





Non, non morreu, solopiensoenmi volve para dicir que rompeu algún óso e que o van operar.
Se cadra pretende que me convirta na súa enfermeira.

Descuberta Podcast

Despois de tres meses, creo que isto do blog foi unha grande idea.
Hoxe nun comentario Homedareia convidábame a facer un podcast cos haikus, deslumbrada pola palabra e a través do blog de Homedareia cheguei a unha cousa magnífica que son as súas :areias:sonoras e alí escoitei o primeiro podcast da miña vida. Quedei abraiada, gustoume o contido e marabilloume o medio, parece algo parvo, voz, sons, en fin, nada extraordinario pero comprobo como seguen a aumentar as posibilidades de todo isto.
Logo fun á Galipedia a ver en concreto que era iso do podcasting, que vén sendo en versión moi resumida e sinxela como unha especie de blog onde os post levan voz. De alí fun dar ao Plan Galicia de Mariano Grueiro onde se pode atopar o considerado podcast O do mundo galego do podcast e que inclúe unha explicación moi interesante sobre as vantaxes desta fórmula. Logo acabei en e-music que para ser sincera aínda non sei moi ben o que é, tenme pinta de ser como unha especie de radio en podcasts e en entolear-te que é un blog de podcast. E para rematar, non sei en que momento da viaxe cibernética dei co Projecto Mourente e co disco Baixo os eucaliptos. Copio todo isto por se lle pode interesar a alguén que, coma min, ande medio perdido por estes mundos tan modernos.
O podcast ten a priori moitas cousas boas pero tamén está o tema ese de perder o anonimato e deixar de ser X, polo de agora eu animo a todo o mundo a que se lancen ao marabilloso mundo do podcast, mentres estudarei a posibilidade de ir eu detrás.
Quixen incorporar un podcast de Homedareia a este post pero non o souben facer, supoño que será posible mais eu non dei coa forma, seguiremos intentando.
Cada vez estou máis convencida do gravísimo problema de distribución que temos coa cultura galega, o que non sae nos mass media non se coñece e o que non se coñece non existe, en fin, pero eu coma Scarlett pensarei niso mañá, en Tara, alí podereino soportar, mañá pensarei...