Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta 2016. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2016. Amosar todas as publicacións

2016/11/18

Sensitivo goce






X

XXIV
"podo coñecer fácil a perfección da escrita,
a exactitude no uso das palabras gastadas

pola literatura de centos de escritores
que xa cantaron versos de amor e desamor
pero nada no mundo retrata nos meus ollos
o sensitivo goce da harmonía dos breves
momentos onde tremo coa túa inmensidade."
                                                            (fragmento)
                                                            Miro Villar: Abecedario da desolación, 1997.



2016/11/17

Mañá continuaremos a partida

I’m your man 
If you want a lover 
I’ll do anything you ask me to 
And if you want another kind of love 
I’ll wear a mask for you 




Oh Leonard, fuches todos os amantes nun único amante, décheslle novas dimensións ao noso xogo favorito e fixéchesme crer que me escribías só a min. Noutrora, cando fai dez anos criamos que paseabas por esta selva, a túa voz serviu para iluminares a aqueles que duraron moito menos ca ti, ignorantes uns, torpes outros, noite tras noite deixaban que foses ti o que ficaba na cama borboriñando na miña orella ata a madrugada. Agarda por min, mañá continuaremos a partida.



2016/08/26

O cliente



Kajol, nin sequera sabe a súa idade, talvez 17 porque cre que tiña 8 anos cando a casaron. Ese home que a rodea cos brazos non é o seu avó, nin o seu pai, nin sequera o seu marido, podería selo pero non o é, el é o cliente do prostíbulo de Bangladesh onde "sobrevive".
O cliente ten moitas caras, olores e tactos pero sempre é quen paga, non a ela, pero paga. O diñeiro dálle dereito a ser compracido debidamente porque el sempre ten a razón, sen el non hai negocio, si, el é o culpable, o cliente.

Vía Sandra Hoyn..

2016/08/16

Coincidencias


A mesma funcionaria que grampou a túa foto e mais a miña no libro de familia, hoxe retratou a túa violencia no meu corpo para a foto da denuncia.

2016/08/12

Conta6 - 1


Grazas ao paideleo descubro a actividade Conta6 que inciou a Churrusqueira de Zarampagalegando e que consiste en contar unha historia en 6 palabras. Como na Selva sempre tiveron moi boa acollida os memes, participarei neste tamén.



Convido a participar a quen por aquí pasee se aínda o fai alguén.

2016/08/11

Novo cenáculo



- Vaia calor vai hoxe!
- Cala, cala, só a vós se vos ocorre quedar hoxe para ir cazar pokémons, se o chego a saber marcho para O Carballiño.
- Daquela haberá que pensar en algo ao que poidamos xogar á sombra.

2016/08/04

Campaña de animación á lectura 108


Sigamos lendo cun clásico.












Emigrante retornada

Publicación de Velis Nolis.

Como unha emigrante retornada despois de tempo fóra volvo aos lugares comúns por ver canto eles cambiaron mais tamén, no fondo, para comprobar que o que admirei, segue aí, agardando por min para me devolver á paixón do pasado.
O emigrante leva canda si un reloxo interior en forma de saudade sempre parado no minuto en que os seus ollos abandonaron a casa e permanece aí, no corazón, todo o tempo que sexa necesario para volver a funcionar no intre en que volve, e nesa ollada a nova realidade superponse á da lembranza e sabe agre o tempo perdido.
Peto:

sería egoísta agardar que os demais non tivesen marchado, non si?