Páxinas

2008/06/15

Así estou eu...

Suicida como a barca que abandona o peirao e penetra na brétema da ría consciente de que non ha volver tragada polo océano.
Xélida como a meixela inerte do avó dentro do cadaleito no salón da casa.
Perdida como un arao dos cons terra dentro sabedor de que nunca vai atopar outro da súa especie.
Rabiosa como unha guerrilleira que perde o compañeiro na loita.
Desolada como Karen Blixen no outeiro agardando polo cadaleito de Denys Finch.
Seca como a flor gardada dentro dun libro para lembrar o que un día existiu.
Triste como o fado desgarrado que me deixaches no peito.
Así estou eu, así estou eu, sen ti.
________
Por culpa de Torreira, así estou eu, con Sabina na memoria, con Mariza nos oídos e ti no corazón.

5 comentarios:

  1. Moito obrigado señora de esmelle...eso de saber que tamén hai outra que asi esta ela provoca unha solidariedade ciberdomingueira indescriptible.Evidentemente,quédome con esta.Gañoume por unha vida.
    Bico de domingo

    ResponderEliminar
  2. Grazas, foi un pracer inesperado. Saúdos.

    ResponderEliminar
  3. Hoxe puxenme a fisgar no teu blog, e ainda por riba estaba escoitando a Sabina, non puiden resistir a tentación de saudarte.
    Somos novos por estes lares, visitareite máis a menudo, con calma.

    ResponderEliminar
  4. podedes continuar co voso noxento xogo detrás das vosas máscaras, porque nin sodes capaces de dar os vosos nomes verdadeiros
    Eu , aínda que non me considero superior a ninguén, porque parto do fundamento de que todos somos iguais, recoméndovos ver
    SWEENEY TODD de TIM BURTON
    OU DE COMO INTENTAR (PORQUE UN SEMPRE SE ERGUE) EScachar en pedazos e levar á loucura ás persoas hipersensibles,
    e siga vostede co seu puto complexo de Einstein
    saúdos
    Yolanda
    ninguén está nos corazñons nin nas mentes dos demais
    aquí só impera o MORBO

    ResponderEliminar

Deixa a túa pegada.