Case dous meses nun chanzo máis de abandono progresivo da Selva.
Tiña ganas de facer unha entrada e dar conta de que sigo viva pero cada vez custa máis subirse aos tacóns e pasear pola Selva.
Neste tempo estiven adestrándome nas disciplinas de dicir non, de mirar máis aló de min mesma, de repensar en plural e de dominar medos. Demasiado ambiciosa, seino, pero non daba decidido por onde empezar e fun a por todas. Ao mellor acabo como eses alumnos de primeiro de carreira, que despois de nove meses de xoldra e confraternidades varias, acaban afogados en setembro por quitar unha materia, a que sexa, pero capaces de matar con tal de conseguir un aprobadiño que lles permita manter a súa privilexiada condición de estudantes universitarios.
Fóra diso, que non é pouco, a Selva bota de menos a miña frescura, a creatividade, o entusiasmo, o pracer, e tamén, por que non dicilo, a reciprocidade duns paseantes infinitamente fieis.
E cine, moi pouco, pero diso darei conta noutra entrada.
Pois benvida sexa logo.
ResponderEliminar(Que difícil saber dicir non, e que necesario!)
Boas ocupacións, polo que vexo. iso está ben. Cando queira, falamos destes temas.
ResponderEliminarE logo de aprobar esa materia, ao mirar atrás, non foi un curso magnífico?
ResponderEliminarestarei atenta ás túas recomendacións cinéfilas.
ResponderEliminare si non pode camiñar con tacóns, non os poña e asunto rematado.
biquiños,
Fumador Impostado doulle a benvida á Selva.
ResponderEliminarGrazas aos catro.
a fidelidade parece que non existe nin nos paseantes...
ResponderEliminaréche o entusiasmo o que falla: con el ven todo o demais e ata deixa de importar se hai fidelidade ou non. Pero todo queima, cansa, deixa de ser satisfactorio e, por que conformarnos, por que non probar outros xeitos.
Pero a min gústame vir pola selva.
Qué nos levará a abandonar os blogs? Eu quero ó meu tanto como a moita xente. E aí está, morrendo.
ResponderEliminarPoderei resucitalo?
Estimada noa,
ResponderEliminarlembro ter lido algunha que outra vez no seu blog. Un saúdo.