![]() |
Ilustración de Paula Marco. |
Estableces as túas regras, exhíbeste ata onde queres e condénasme a simple voyeur, nun papel submiso onde o dereito á palabra me está vedado. Non podo decidir, nin reclamar, nin opinar, nin tan sequera pedir. E eu, sempre rebelde, asumo agora obediente, e colócome no único lugar que me está permitido, embriagándome do pracer de ver esa parcela mínima que da túa realidade me amosas.
Gustoume moito.
ResponderEliminarGrazas.
ResponderEliminarMadia leva terlle gustado,
ResponderEliminarxa que está moi ben contado.
Chousa, canta xenerosidade!
ResponderEliminarGrazas
:)
Vostede merece ver todo e máis.
ResponderEliminarnon vou ser moi orixinal no comentario, a verdade... pero encantoume! (e a ilustración é xenial)
ResponderEliminarCalidonia, poderosa resposta.
ResponderEliminarNoa, pásame moitas veces, o que paga a pena é a ilustración.
Saúdos aos dous.