Un blogueiro activo, que cumpre hoxe catro xaneiros e ao que felicitamos desde a Selva, quéixase de como outros formatos máis áxiles o afastan do costume de alimentar a súa páxina.
As redes acabarán cos blogs? Quen sabe, probablemente si, de feito, xa o están facendo. Os blogs reséntense e ven impasibles como os comentarios doutrora xa non se producen neles senón nas redes sociais, isto amola, vaia que se amola!
Era divertido ler posts atrasados cos seus comentarios e mesmo achegarte silandeira e atopar as túas letras onde nin sequera lembrabas ter estado. Agora todo desaparece cara abaixo coma se fose cara ao inferno neses muros deslizables sen fin polos que se perden as nosas liñas.
Xa nin sequera paseamos polos espazos amigos, sindicados, abonda con entrar no noso lector para estar ao día das novidades. Elas, as redes sociais, apostan pola velocidade canto máis vertixinosa mellor e os blogs pola permanencia e, nos menos dos casos, pola reflexión demorada. Supoño que os blogs existirán mentres se manteñan as dúas necesidades e non caiba todo nos 140 caracteres dun tuit. E cando así sexa, desde a ventá do pazo, deámoslle a benvida á locomotora dos novos tempos.
Tes razón, pero os blogs son unha cousa diferente, onde un pode ler opinións e pensamentos de outros e mais os comentarios que ises pensamentos producen dunha forma mais pausada.
ResponderEliminarAs novasa redes sociais son un pouco coma un correo, no que saudas a xente e comentas cousiñas moi curtas, non sei, eu vou a seguir co do blogue, porque me gusta moito ler as cousas que escribides todos, algúns xa parecen como da familia.
Eu prefiro a tranquilidade dun blogo onde contas o que che peta ao ritmo que marcas ti.
ResponderEliminarVoume poñer a escribir posts a máis ritmo, gracias a vós. Se o blogger me deixara entrar sen pedirme o correo nin a contrasinal...
ResponderEliminarMoitas gracias.
As redes enganchan unha temporada(eu creo que todos pasamos por iso) pero é tan efímero que sempre se volve a escrita que nos aporta outras sensacións. Un bico
ResponderEliminarTeñen toda a razón, saúdos aos catro.
ResponderEliminarEu teño o meu twitter completamente abandonado; non é un formato que me agrade.
ResponderEliminarNon sei que acabará co meu blog, pero non vai ser nin tuiter nin feisbu, seguro.
De feito eu acabo de chegar aquí a través do facebook. Isto ten moito máis sustancia. Sguideo facendo porfa
ResponderEliminarFernando
Kaplan, tampouco é que o alimentase moito como para deixalo medrar.
ResponderEliminarFernando Fernández, benvido, quizais lle guste o dos blogs e acabe querendo ter un, coma min.
Saúdos aos dous.
o que máis me gusta a min é o de ler os posts atrasados. o meu blog tamén agoniza, pero cubre a necesidade do anonimato ;)
ResponderEliminarparece logo que cheguei algo tarde a este mundo, posto que o meu Blog non ten nin un aniño, e o parecer xa estamos en crise. Tentareino, pois a min tenme enganchada este novo mundo, que e pra min o do blog, en detrimento das redes sociais das que participo dende hai mais tempo.
ResponderEliminarUn saludo e noraboa polo blog!