Páxinas

2010/12/27

De compras


Noiteboa e nadal transcorreron segundo o previsto, sucedéronse sen pausa gástrica ceas e xantares que gozamos gulosos botando en falta só o aroma e o sabor do tabaco para as sobremesas.
Mañá toca compras onde haberá que decidir se unha se deixa tentar polo atractivo mundo das marcas ou aplica o autogabinete de crise de recorte radical.

8 comentarios:

  1. Pronóstico: o autogabinete monopolizará todo ese tempo mental pero acabaráse impoñendo o atractivo mundo das marcas, tan morno e lascivo él.

    ResponderEliminar
  2. O radical tamén pode ser atractivo.
    Xa é coñecido o dito: valorar, comparar e...decidir.

    ResponderEliminar
  3. Coa imaxe que nos deixaches ¿qué estás pensando en comprar? Xa nos contarás que teño moita cuirosidade… je je je.
    ¡Vaia tamaño que ten!... a bolsa, non sexas mal pensada.

    Biquiños.

    ResponderEliminar
  4. pobre home,
    aí esposto ao aire, cos seus abdominais, seus biceps e tríceps, ese pobre falo teso, que ainda o vai coller o frío.
    unha lástima

    eu teño claro que non vou mercar nada, [ou case]
    e como non fumo despois de comer (fará 11 anos o dia 1)
    teño poucos problemas [dese tipo]
    pero sí teño bos desexos de aninovo para ti.

    ResponderEliminar
  5. Eu despois desta imaxe teño todo distorsionado, deixarei o de mercar para outro momentiño, agora voume recrear.
    Saudos

    ResponderEliminar
  6. Homo erectus após a compra mostrando a visa para cobro. A ver se o 15 de xaneiro mostra tamaña alegría.
    Feliz 2011.

    ResponderEliminar
  7. Bico Dona, mirámonos no blogomillo no 2011...(erectus ou post-erectus).

    ResponderEliminar
  8. Xa sabe que no tema das compras todo o mundo ten algo que dicir ;)

    ResponderEliminar

Deixa a túa pegada.