Páxinas

2010/10/27

Parabéns para Francisco Castro

O señor Francisco Castro ingresa hoxe no club do número máxico para un home, os 44, desde a Selva todos os parabéns e o desexo de que goce deles plenamente.
Para os demais, unha recomendación, léano, nos seus libros, no seu blog, onde o atopen, léano e tamén gozarán.

4 comentarios:

  1. Leo o seu blog, escoito os seus audios, [cando funcionan]
    e pasarei a felicitadlo,
    pero sinto certa curiosidade:

    por que dí vostede que

    44

    é un número máxico?

    e por que para un HOME?

    ResponderEliminar
  2. Moitísimas grazas. Síntome honrado diante de felicitación tan especial. Un beixo xigante.

    ResponderEliminar
  3. Zeltia, élle unha parvada miña, os homes entre 40 e 50 son os que me resultan máis atractivos, teñen a sabedoría dos anos e aínda conservan a frescura da xuventude. E por que os 44 e non os 43 ou os 47? Pois porque 4+4 son 8, e o 8 é o meu número preferido. Xa ve, unha chorrada!
    Espero que se dea por respondida.

    Náufrago, a honra é miña, foi un pracer rebuscar entre os vídeos de Sabina algún que lle acaese.

    Saúdos aos dous.

    ResponderEliminar
  4. O primeiro disco de Sabina que merquei era o LP no que estaba esa canción. Daquela, dobremente obrigado. Estou feliz de ter 44 e de ter agasallos tan lindos de alguén tan interesante.

    ResponderEliminar

Deixa a túa pegada.