O Sr. Kaplan concedeulle á Selva este premio que creo que se debe máis aos anos de seguimento mútuo que á valía deste blog, o que non lle resta ilusión ningunha ao feito de recibilo.
Procedo agora á miña concesión do premio aos blogs que seguen e onde non incluín ningún que xa o tivese recibido. Coma sempre nestes casos, son todos os que están pero non están todos os que son.
E os galardonados por orde alfabética son:
A canción do náufrago de Francisco Castro polas súas reflexións sobre a escrita.
A conta da Caperucita nunca bate certo de La queue bleue porque me resulta divertida e interesante.
A cova do raposo de Raposo porque ás veces dispara a queimarroupa e acerta.
A tolemia é un sombreiro de Noa porque convida a desvariar.
Alfaias de Calveiro porque cada vez me gustan máis as cousas que di este señor. O seu último post, Insubmisión, non ten desperdicio.
Días estranhos de Martin Pawley por nos ensinar o outro cine.
Gradicela de Peke polas súas crónicas vitais.
Neobestiario de Fisiólogus porque llo debo antes de que nos abandone definitivamente.
Mi Jardín Prohibido pola estética visual e literaria.
Outras lerias do señor Torreira ao que visito cando a boca me sabe a vodka.
Suponse que cada un dos premiados debería seguir a cadea, déixoo á súa vontade, non o consideren unha obriga.
Estou ilusionadísima! Un millón de gracias! :)
ResponderEliminaraunque no lo parezca, no he dejado de pasear por la selva.
ResponderEliminarno había razones para sentirse en deuda pero, muchas gracias.
Noraboa, compañeira!
ResponderEliminare tamén aos premiados, xa visitei algún e gustoume o que atopei.
Bico
De nada Noa.
ResponderEliminarPois non o parece, Fisiólogus, debía deixarse ver máis a miúdo ;)
Grazas Susana, para o meu gusto son todos bos.
Saúdos aos tres.
Obrigado, X.
ResponderEliminarEu non son moito de cadeas, mais pensareino.
Apertas e grazas.
Moito obrigado dona de esmelle...bico con barra libre (póñalle vostede o licor que goste).
ResponderEliminarMuchas gracias por tu premio, aunque con que sigas paseandote por mi Jardín es más que suficiente.
ResponderEliminarUn saludo.
Agradecido, e apertas dun raposo o que tamén lle gusta corretear pola esta selva tan frondosa e fascinante.
ResponderEliminarCarai, moitas grazas. A ver se este premio me anima a postar máis a miúdo.
ResponderEliminarEiiiiiiiiiiiii, tarde, mal e a rastras, mas mtíssimas graças!! É o primeiro prémio que me dam, que ilusom :-)
ResponderEliminarEm especial considerando que ultimamente tenho o bloguio abandonadinho de tudo...
Por isso che estou mui agradecida, Xzinha
:-)
Um biquinho (e mil desculpas por nom vir agradecer antes, ando bastante desligada ultimamente, sem linha na casa etc.)
Celebro que a todos lles gustase o premio, con iso doume por máis que satisfeita. Saúdos.
ResponderEliminar