Páxinas

2010/08/13

Sereas

Hai pouco estiven visitando un blog cheo de sereas (nereidas), non lembro como cheguei a el e non tiven a precaución de engadilo nos marcadores pero fíxome lembrar que nunca trouxera á Selva o doce canto das fermosas tentacións mariñas.

Edward Burn Jones: As profundidades do mar (1887).
Cáenme ben as sereas, aínda que só sexa porque nacen dunha misoxinia evidente e dóeme ver como se condena a todas elas sen clemencia, como á Maruxaina de San Cibrao. 

Ninguén pode contemplar a posibilidade de que algún mariño morrese feliz no seu sucumbir ao doce canto?

6 comentarios:

  1. Nunca contemplará eu as sereas desde unha perspectiva misoxina, senón máis ben como seres fermosos dos que se namoraban os mariños. Súmome á súa clemencia.

    ResponderEliminar
  2. Poda que sexa unha pulsión misóxina pensar nas sereas. Agora que o dis...Aínda que no fondo non sei moi ben a quen carallo amola máis...

    ResponderEliminar
  3. Unha amiga (aldabra) ten un blog
    cheo de sereas mais igual non foi ese o que viches (haberá tantos!)

    a min a imaxe da serea con medio corpo de peixe e medio de muller paréceme a representación mesma de quen non se atopa ben en ningures, dese ser que suspira por algo que non ten...
    e ata se lles nega algo tan necesario coma o sexo

    ResponderEliminar
  4. Xan, doulle a benvida á Selva.
    A elas, Chousa, a elas!
    Grazas Zeltia, foi ese mesmo.
    Saúdos aos tres.

    ResponderEliminar
  5. alédame que o meu blog te inspirase un post.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  6. Grazas Aldabra, doulle a benvida á Selva.

    ResponderEliminar

Deixa a túa pegada.