Hai pouco estiven visitando un blog cheo de sereas (nereidas), non lembro como cheguei a el e non tiven a precaución de engadilo nos marcadores pero fíxome lembrar que nunca trouxera á Selva o doce canto das fermosas tentacións mariñas.
![]() |
Edward Burn Jones: As profundidades do mar (1887). |
Cáenme ben as sereas, aínda que só sexa porque nacen dunha misoxinia evidente e dóeme ver como se condena a todas elas sen clemencia, como á Maruxaina de San Cibrao.
Ninguén pode contemplar a posibilidade de que algún mariño morrese feliz no seu sucumbir ao doce canto?
Nunca contemplará eu as sereas desde unha perspectiva misoxina, senón máis ben como seres fermosos dos que se namoraban os mariños. Súmome á súa clemencia.
ResponderEliminarPoda que sexa unha pulsión misóxina pensar nas sereas. Agora que o dis...Aínda que no fondo non sei moi ben a quen carallo amola máis...
ResponderEliminarUnha amiga (aldabra) ten un blog
ResponderEliminarcheo de sereas mais igual non foi ese o que viches (haberá tantos!)
a min a imaxe da serea con medio corpo de peixe e medio de muller paréceme a representación mesma de quen non se atopa ben en ningures, dese ser que suspira por algo que non ten...
e ata se lles nega algo tan necesario coma o sexo
Xan, doulle a benvida á Selva.
ResponderEliminarA elas, Chousa, a elas!
Grazas Zeltia, foi ese mesmo.
Saúdos aos tres.
alédame que o meu blog te inspirase un post.
ResponderEliminarbiquiños,
Grazas Aldabra, doulle a benvida á Selva.
ResponderEliminar