Páxinas

2009/06/01

A Selva cumpre 3 anos

[Fotografía de Alva Bernadine]

A Selva cumpre os tres anos, si, xa non é un bebé, e está preparada para ingresar en Primaria.
Con esta idade medra o interese e entusiasmo por tocar instrumentos como a pandeireta, o tambor... ben, gustar sempre lle gustou tocar instrumentos.
A esta altura a axilidade é tremenda e ao mellor mesmo recupera o ritmo de publicación.
E algunhas investigacións, que non todas ehhh, afirman que é un bo momento para que se inicie no ordenador, sempre hai cachibaches novos que probar.
E se se trata de probar iníciase a etapa fálica (neste caso vaxínica, non?), esa tan estupenda en que aprenderá a se proporcionar pracer de forma deliberada, aínda que desde o primeiro post a Selva sempre foi froito do ancestral pracer de botar fóra e dar con ollos que a len.
E, sobre todas as cousas, vai ser agora cando ademais de borranchos comece a facer debuxos figurativos ata o glorioso día en que por primeira vez consiga escribir o seu nome
AAA SSSSSSSSSSELLLLLLLLLLLLVA uffffff DE ESMMMMMEEEEE uffffff ESMEEEEEE ufffffff ESMMMMMMMEEEEELLLLLLLEE

17 comentarios:

  1. Parabéns, parabéns (é como se fose hai tres meses, e pasaron xa tres anos)
    As papoulas, impresionantes.

    ResponderEliminar
  2. Congratulations, X.
    Y que esmelle mucho más :)

    ResponderEliminar
  3. Noraboa X!!!!!!!!!
    un fermoso fogar no que vir de visita :-)

    ResponderEliminar
  4. Moitísimas grazas, dá gusto saber que aínda que unha teña abandonadiña a Selva vós seguides por tempo que pase.
    Bicos e apertas para tod@s.

    ResponderEliminar
  5. Parabéns, X. Non sei a cantos anos reais equivalen os anos que vai cumplindo un blog, pero eu teño a sensación de que se multiplican por n. 3 debe ser case maioría de idade.

    ResponderEliminar
  6. ¡Mimá! ¡Tres! Pois que sexan os bicos e abrazos que lle mando.

    ResponderEliminar
  7. Parabénssss...eu si que cheguei tarde!.Bico

    ResponderEliminar
  8. Aínda máis tarde chegou eu, pero dá igual. Parabéns e bicos!!!

    ResponderEliminar
  9. Que sexan outros tantos e moitos máis. Parabéns!

    ResponderEliminar
  10. Uissss cantísima xente, moitas, moitas, moitísimas grazas.

    ResponderEliminar

Deixa a túa pegada.