
- Un libro é unha cousa con páxinas de papel, e se non ten páxinas de papel non é un libro.
- Xoga cos amigos no patio porque se vén outro doutro cole e che pega os teus amigos te han defender.
Conclusións selváticas para Secundaria:
- O que che din teus pais é certo, en Internet todo é mentira, os libros tamén.
- Se es un adolescente con tendencia a illarte no teu cuarto todo o día enganchado no ordenador procura ter unha boa listaxe de contactos na túa rede social.
Conclusións selváticas para Bacharelato:
- Moita da literatura galega actual está vinculada á rede pero ti nin caso, os autores que publican blogs non caen nas probas de acceso, aí só se tratan cousas serias.
- O linchamento non é unha práctica social aceptada aínda que se trate do mozo que che puxo os cornos coa túa mellor amiga.
Conclusións selváticas para blogueir@s:
- Eduardo Estévez é o autor do libro que máis lle gustou ao xurado.
- Xavier Lama presentou unha reclamación nun exercicio lexítimo dos seus dereitos.
- O xurado actuou en ambas as dúas ocasións de boa fe.
- O moralmente correcto e o legal neste caso non coinciden.
- Sendo imposible coñecer a diferenza entre editado e inédito, ao mellor sería máis práctico de agora en diante acudir ao concepto de público fronte a descoñecido. De seguro que existen libros de poesía galega editados e publicados moito menos coñecidos que o blog de Estévez, mesmo antes da polémica.
- O blogomillo pode derivar en poderoso lobby cultural.
- A mellor publicidade para un poemario é que lle concedan un premio e logo llo retiren, para proba algunhas das referencias ao tema:
Dos protas:
Eduardo Estévez
Xavier Lama
D@s outr@s:
Alfredo Ferreiro
Danilo
Francisco Castro
Ghanito
Igor Lugrís
Jaureguizar
Juán L. Blanco Valdés
Lándoas
Manuel Bragado
Marcos S. Calveiro
María Lado
Mario
Séchu Sende
Susarins
Vieiros
Xosé Manuel Eyré
Concordo coa 7ª conclusión selvática para blogueir@s.
ResponderEliminarA 5ª é moi acertada. Creo que as bases dos concursos se deberían modificar neste sentido.
Un saúdo
interesantes conclusións :-)
ResponderEliminarai, vde denuncie e enfádese, pero non deixe a selva a monte, porfa
ResponderEliminar(e digo eu, eses montes da foto non son perto de ithaca?)
Concordo con moitas das cousas que dis. Só non teño moi claro o do "poderosísimo lobby cultural". Se fose tan poderoso, igual a cousa non quedaba como quedou... digo eu.
ResponderEliminarFumador, doulle a benvida á Selva.
ResponderEliminarGrazas Ghanito.
Kaplan, canto é perto?
Anónimo non digo que sexa poderosísimo, só digo que pode chegar a derivar en "poderoso" e aínda así para este caso non é aplicable, toda a polémica é posterior aos fallos do xurado.
Saúdos a tod@s e grazas por viren.