Hoxe miña sobriña cumpriu seis anos.
A fortuna non foi benévola con ela.
Dous nenos nun baño. Un berro estarrecedor, un pai correndo, un Meu Deus! e un silencio eterno. Unha nai tentando marcar un número telefónico, a nena berrando, avós histéricos e en cuestións de segundos unha conversa relaxada derivara nunha manada de adultos entolecidos. Un accidente doméstico, un maldito despiste entre nenos, rematou con ela nun quirófano onde un cirurxián plástico tentaba salvar unha falanxe dun dos seus dediños miúdos.
Parabéns no teu aniversario querida H., ata hoxe non me dera conta de canto te quero.

Ogallá que todo quede en nada.
ResponderEliminarVaia, moita sorte.
ResponderEliminarao final non foi nada, e todo isto acabará sendo un recordo que vdes lle repetirán cada aniversario. parabéns.
ResponderEliminarMenudo susto tivéchedes que levar...por certo collo prestada a foto de non ás 65 horas.
ResponderEliminarsi sólo fue un susto, felicidades para H.
ResponderEliminarAgardo que a cativa xa estea ben. Que todo quedara niso, en susto.
ResponderEliminarQue medo da ler esta historia.
ResponderEliminarUn bico para a cativa :*
A verdade é que aínda hai que agardar un par de días para ver como responde. Grazas a tod@s pola súa presenza aí. Saúdos.
ResponderEliminarQue vaia todo ben (que seguro que si). Un biquiño.
ResponderEliminarBoa sorte para a picariña.
ResponderEliminarChego ata aqui e leo as malas novas... síntoo moito. Que non sexa nada.
ResponderEliminarSaúde
mellor así, que quedase en (case) nada. Bicos para a cativa :)
ResponderEliminarAgora temos que agardar un mes para ver a evolución, eu teño esperanzas, creo que ao final todo vai saír ben. Supoño que estes sustos os levamos peor os que non temos fillos e non estamos afeitos aos perigos da infancia. Moitas grazas a tod@s.
ResponderEliminarOs nenos som filhos do vento, recuperam de todo.
ResponderEliminarOs meus pais lembram o susto que lhes dim de pequeno, rompim a cabeça e passei duas semanas em coma... e mira, nom passou nada :D
ciruxán plástico? demasiadas series de médicos.
ResponderEliminartraumatólogo/a.
Ay! pobrecina. Espero que todo haya salido bien.
ResponderEliminarUn beso para la peque y otro para ti.
Ao final conserva o dedo e o demais xa irá tomando forma co tempo. Moitas grazas a tod@s.
ResponderEliminarFer, doulle a benvida á Selva.
ResponderEliminar:)