Pois teño un deses putos días con necesidade de arma de fogo para aforrar palabras. E teríame cargado a dous: un pola mañá de varios disparos, con ensañamento, por puto cabrón maleducado; e outro horas despois, dun só disparo, por maldito cabrón que sabes como facerme dano.
E logo teríame pegado un tiro, na tempa, que así non vexo o canón. Si, na tempa, por paspana, por non ter mandado á merda ao primeiro e por non ser quen de converterme en balsa de aceite cando chegan as túas tormentas.
Pero como non vivo nos EUA e non teño a arma no maleteiro do coche veño aquí e disparo palabras, que para o caso non é o mesmo pero fai por vez.
Encantoume...
ResponderEliminarSorpréndeme, case fai o comentario antes de que eu rematase o post.
ResponderEliminar"como me gustan las chicas malas..." jajaja.
ResponderEliminarEu teño eses días cada dúas horas.
Soltarse e liberarse é importante e senta ben ao corpo. Noraboa por entrar na nova relixión...;-)
a coidarse..
Pois, si, minha filha. Cantas hóstias se perdem nesse mundo!
ResponderEliminarXa haberá días millores.
ResponderEliminaras palabras din máis e non fan tanto ruído coma as balas.
ResponderEliminarufff! visto como anda o patio, non sei se me atreverei a dicirlle que espera un meme por vostede en ithaca, en fin, paciencia.
ResponderEliminarGrazas a tod@s.
ResponderEliminarDoulle a benvida á Selva, Manel Vázquez.
Unha moi boa metáfora.
ResponderEliminarOs disparos semánticos non precisan silenciador.
Saúdos dende a Chousa para a Selva.
Saúdos sempre desde a Selva para a Chousa :-)
ResponderEliminar