Páxinas

2008/04/16

Un deses putos días


camila gertne, orixinalmente cargada por Denis Gustavo.

Pois teño un deses putos días con necesidade de arma de fogo para aforrar palabras. E teríame cargado a dous: un pola mañá de varios disparos, con ensañamento, por puto cabrón maleducado; e outro horas despois, dun só disparo, por maldito cabrón que sabes como facerme dano.

E logo teríame pegado un tiro, na tempa, que así non vexo o canón. Si, na tempa, por paspana, por non ter mandado á merda ao primeiro e por non ser quen de converterme en balsa de aceite cando chegan as túas tormentas.

Pero como non vivo nos EUA e non teño a arma no maleteiro do coche veño aquí e disparo palabras, que para o caso non é o mesmo pero fai por vez.

10 comentarios:

  1. Sorpréndeme, case fai o comentario antes de que eu rematase o post.

    ResponderEliminar
  2. "como me gustan las chicas malas..." jajaja.
    Eu teño eses días cada dúas horas.
    Soltarse e liberarse é importante e senta ben ao corpo. Noraboa por entrar na nova relixión...;-)
    a coidarse..

    ResponderEliminar
  3. Pois, si, minha filha. Cantas hóstias se perdem nesse mundo!

    ResponderEliminar
  4. as palabras din máis e non fan tanto ruído coma as balas.

    ResponderEliminar
  5. ufff! visto como anda o patio, non sei se me atreverei a dicirlle que espera un meme por vostede en ithaca, en fin, paciencia.

    ResponderEliminar
  6. Grazas a tod@s.
    Doulle a benvida á Selva, Manel Vázquez.

    ResponderEliminar
  7. Unha moi boa metáfora.
    Os disparos semánticos non precisan silenciador.
    Saúdos dende a Chousa para a Selva.

    ResponderEliminar
  8. Saúdos sempre desde a Selva para a Chousa :-)

    ResponderEliminar

Deixa a túa pegada.