A revista Vanity Fair acaba de publicar un cartafol con once fotografías que reproduce con estrelas cinematográficas actuais unha serie de momentos icónicos dos filmes de Alfred Hitchcock. A web da publicación ademais tamén ofrece un pequeno vídeo onde se amosa como se realizaron algunhas das instantáneas. Déixolles aquí tres exemplos.
__________________
Das mans de Julian Broad volvemos a Rebeca, ao Manderley de Rebeca De Winter, onde vemos a segunda señora De Winter (daquela Joan Fontaine e agora Keira Knightley) e a súa terrorificamente fiel ama de chaves, Mrs. Danvers (noutrora Judith Anderson e para esta ocasión Jennifer Jason Leigh).


__________________
No filme A ventá indiscreta, Scarlett Johansson e Javier Bardem convértense en Jeff (James Stewart) e Lisa (Grace Kelly) grazas a Norman Jean Roy.


__________________
Art Streiber fai que George Kaplan (antes Cary Grant, agora Seth Rogen) fuxa de novo en North by Northwest.


sen dúbida quedo cos clásicos, aínda que todos estean mortos.
ResponderEliminarEu tamén.
ResponderEliminarPois xa somos tres. A forza das imaxes fala por si mesma.
ResponderEliminarBoa recreación...
ResponderEliminarUnha aperta.
:)
si, a verdade é que un clásico é sempre un clásico... xD aínda así parécenme moi boas a recreacións.
ResponderEliminarAlégrome de que lles gustase. Saúdos a tod@s.
ResponderEliminarQue chulada! Onde se poden conseguir? Chego tarde seguro... Apertas!
ResponderEliminarPois a verdade é que non teño nin idea, eu vino na versión dixital no link que hai no post. Saúdos.
ResponderEliminar