Páxinas

2008/03/01

Recreando a Hitchcock

A revista Vanity Fair acaba de publicar un cartafol con once fotografías que reproduce con estrelas cinematográficas actuais unha serie de momentos icónicos dos filmes de Alfred Hitchcock. A web da publicación ademais tamén ofrece un pequeno vídeo onde se amosa como se realizaron algunhas das instantáneas. Déixolles aquí tres exemplos.

__________________

Das mans de Julian Broad volvemos a Rebeca, ao Manderley de Rebeca De Winter, onde vemos a segunda señora De Winter (daquela Joan Fontaine e agora Keira Knightley) e a súa terrorificamente fiel ama de chaves, Mrs. Danvers (noutrora Judith Anderson e para esta ocasión Jennifer Jason Leigh).



__________________




__________________

Art Streiber fai que George Kaplan (antes Cary Grant, agora Seth Rogen) fuxa de novo en North by Northwest.

8 comentarios:

  1. sen dúbida quedo cos clásicos, aínda que todos estean mortos.

    ResponderEliminar
  2. Pois xa somos tres. A forza das imaxes fala por si mesma.

    ResponderEliminar
  3. si, a verdade é que un clásico é sempre un clásico... xD aínda así parécenme moi boas a recreacións.

    ResponderEliminar
  4. Alégrome de que lles gustase. Saúdos a tod@s.

    ResponderEliminar
  5. Que chulada! Onde se poden conseguir? Chego tarde seguro... Apertas!

    ResponderEliminar
  6. Pois a verdade é que non teño nin idea, eu vino na versión dixital no link que hai no post. Saúdos.

    ResponderEliminar

Deixa a túa pegada.