Cando L.Q.B. tivo a ben convidarme a participar no seu orixinal meme sobre coñecementos bíblicos ou, dito doutro xeito, con que cinco blogueir@s farías alegrías durante unha noite toda, primeiro foi aquilo, máis tarde iso, para seguir con esta brincadeira que debeu ser ben mala. E o caso é que despois das santas xornadas a cousa acabou neste post que me resultou bastante divertido e que espero non ofenda os aludidos. Aí vai a miña listaxe dos 5 nomes, nesta ocasión candidatos, en orde alfabética: Cabrafanada – entre outras cousas, por isto (sen máis comentarios). Kaplan – polo cine, as palabras, Kavafis e o que subxace. O Pitiño – polas súas piadas (aínda na ausencia).Suso Bahamonde – porque o sexo sempre me pareceu unha forma interesante de baixar aos infernos. Torreira – porque nunca tiven ocasión de probar o LK mentres, e teño a certeza de que sería unha moi agradable experiencia. Non vou convidar a ninguén explicitamente a seguir este meme, xa que non está no meu ánimo violentar a ningún dos visitantes desta súa selva; agora ben, saiban todos e todas que quedan formalmente invitados a espallar este exercicio de fresco descaro.
Que curioso. Eu pensaba que eras parella de Torreira na realidade.
ResponderEliminarMorro de curiosidade por saber que o levou a pensar tal cousa :D
ResponderEliminar:D Oooohhhh! Que detalhazo! Estás ganhando o meu coraçom ;)
ResponderEliminarAlegro-me especialmente de que fosse divertido :D
E por outra parte, foda-se! Nom sabia eu que estava a ficar suuuuper famosa! :P Nah, é broma.
Mas a sério, graças por aceitar o convite :)
Ah, mui boa a imagem escolhida como ilustraçom, por certo! :D
ResponderEliminardéame tempo, porfa, que ando cunha necrolóxica ás voltas (encántame a imaxe)
ResponderEliminarA imaxe segue a liña da imaxe inicial do meme posta por L.Q.B.
ResponderEliminarKaplan, doulle tempo.Saúdos aos dous.
Unha honra estar na súa alegría... señorita...
ResponderEliminarO inferno sempre está quente.
saúde
Moi boa resposta :D
ResponderEliminarParafraseando a Rivas señora de esmelle, non podo facer as duas cousas ao mesmo tempo (tomar LK e...).Arrincoume un sorriso.Obrigado por sacarme a bailar.Bicos
ResponderEliminarPd:Paideleo (bemquerido)...non se me vaia pola crónica rosa do blogomillo que X mais este servidor non venderon ainda ningunha exclusiva.Apertas
E logo, atópase mellor?
ResponderEliminarA pesar do seu deplorable aspecto, Cabrafanada revive en cada alegría. Todo un pracer, miss esmelle. E que sexan moitas máis.
ResponderEliminarAos dous aludidos, grazas polo humor.
ResponderEliminarÁ doutora, si, grazas, algo mellor.