Páxinas

2008/01/26

Preguntas do Blogomillo

Andaba eu a pensar no asunto este dos blogs, en Eva e Adán e esas cousas e xurdíronme unha serie de preguntas ás que non souben dar resposta, agardo que algún dos paseantes da Selva poida quitarme da intriga.
  1. Quen foi @ primeir@ blogomilleir@?
  2. No caso de que fose home o primeiro blogomilleiro, quen foi a primeira blogomilleira?
  3. Quen é @ blogomilleir@ en activo máis antig@ na actualidade?
  4. Hai algún estudo no que se indique aproximadamente a porcentaxe de blogomilleir@s atendendo ao criterio do sexo?
  5. Coñécese a porcentaxe de blogs feitos en Galicia atendendo ao criterio da lingua empregada?
Agradézolles por adiantado a súa colaboración.

Mapa procedente da Guía de Información Académica e Profesional.

11 comentarios:

  1. Eu tampouco sei muito acerca disto.
    Proba a preguntar a Calidonia:

    http://calidonia.blogaliza.org/

    ResponderEliminar
  2. A min tamén me gustaría sabelo, se te enteras de algo, faimo saber... O mesmo farei en caso de ter algún dato novo.

    ResponderEliminar
  3. 1. seica estaba a cousa entre arvpart e mais emf

    2. ascárida

    3. eses mesmos

    4. cousa de Calidonia, como o paideleo

    5. seguro que vén alguén que di que o sabe :D

    para as preguntas 4 e mais 5 nunca aceptaría eu como válida ningunha resposta :)

    ResponderEliminar
  4. 1. seica hai algún máis primeiro que xa non está en activo (sáeme deneno)... que non lembro, así que se alguén o comenta, ou me corrixe, tamén agradezo :)

    ResponderEliminar
  5. Tremenda facilidade ten a xente para botar balóns fóra! :-D

    Eu non vou ser menos. Hai máis dun ano, senón dous, o Fernando Garrido anunciou que estaba a traballar na terceira enquisa a bloggers españois, e sei que há de ter unha mostra específica para os blogues en galego (ou para os galegos, non lles sei moi ben).

    Canto aos pioneir@s todos eses que Vostedes apuntan están entre eles, e estou certo de que non pasarán pena se os nomeamos ex aequo. Nesta vella anotación fora anotándoos segundo os datos que tiña entón, que o tempo veu a demostrar que estaban incompletos. Por exemplo, o Manuel Gago celebrou hai pouco o quinto aniversario do seu blogue, o que quer dicir que é máis vello do que se apuntaba alí. Tamén o susinho dis que estaba entre os primeiros. E así pode acontecer con máis.

    Con todo, sigo na teimando en que o primeiro do blogomillo foi o Suso de Toro coa súa 'Botelha ao mar'. Se calhar el non sabía que aquilo era un blogue, ou non coñecía esta palabra, pero estou certo de que sabía o que se facía.

    ResponderEliminar
  6. Que mais terá?

    (em qq caso, como já dixerom todos, numha busca por "blogomillo" na do calidonia pode-se topar btte info)

    ResponderEliminar
  7. Cando eu entrei nisto (vai facer catro anos) había cento e pico de bitácoras en galego. A famosa todonada, as túas balas, Pawley, ascárida... A primeira reunión que se fixo foi na Coruña e asistiron cinco persoas.

    ResponderEliminar
  8. Ah! e Dorvisou que é un veterano nisto.

    ResponderEliminar
  9. E non teño a menor idea das respostas, pero non deixan de ser interesantes preguntas....

    ResponderEliminar
  10. O Paco, case tres meses despois, perdoe o descoido, pero andaba facendo limpeza e deime conta de que non lle dera nunca a benvida á Selva. O dito, déase por saúdado :)

    ResponderEliminar

Deixa a túa pegada.