Parabéns a GADISA pola súa nova campaña publicitaria de Gadis "Vivamos como galegos", todo un acerto.
A verdade é que desde hai uns anos me chama a atención o seu comportamento publicitario, con moitas colaboracións en programas da RTVG e logo boto de menos a correlación na súa praxe cotiá. É por iso que me gustaría facerlle algúns convites ao grupo empresarial que posibilitarían que o sentise máis próximo:
- Non estaría mal que nos seus establecementos en Galicia puidésemos atopar a sinalización en galego.
- Tampouco estaría mal que a etiquetaxe dos seus produtos de marca branca, Leader Price, incluíse versión na nosa lingua.
- E xa sería para nota que na súa páxina de compra na rede, gadisline, puidésemos comprarlles de todo e en galego.
Non crean que somos moi esixentes e aspiramos a imposibles, non lles pedimos máis que o que xa fan outros, como Eroski.

ADIANTE, DIRECTIVOS DE GADISA, VIVAN COMO EMPRESARIOS GALEGOS!
Serían máis consecuentes, si.
ResponderEliminarcanta razón tes!
ResponderEliminarContradicións, si.
ResponderEliminarVaia... eu teño un post co mesmo tema: o mellor exemplo sobre a pragmática galega que existe.
ResponderEliminarÉ o que che ten o marketing, que soamente ven os "nichos de mercado". E os galeg@s non podíamos ser menos, soamente somos un "nicho de mercado" máis.
ResponderEliminarPois si, coido que había que escribilo con letra aínda máis grande. A min este tipo de mercantilismo non me parece nada riquiño.
ResponderEliminarDo dito ó feito, un mundo...
ResponderEliminarEso, que as intencións non se queden so nun anuncio.
ResponderEliminarEu teño unha pega, onde lle vai o acento??
ResponderEliminarMoi bo o do "octupus to the pary". Si, nas "parties" soe haber moitos "pulpos"...
Pois leva razón. Eu vou sempre ao Gadis porque me queda ao lado da casa e en galego non vin nin escoitei nada. O anuncio é chulo pero non é real, polo menos no mundo-gadis. BICOS:))
ResponderEliminarOs anuncios de Gadis que saen agora na parte de abaixo nos xornais non entendo que pretenden. Ao mellor, prolongar o éxito acadado non é boa estratexia.
ResponderEliminar