Páxinas

2007/08/23

Eses pequenos detalles...

Chove nesta noite de verán estraño, chegando á casa vexo a sombra proxectada na rúa, só ela segue sendo igual. Só a miña sombra é a mesma que daquela, cando a ninguén se lle ocorrería dicirme que levo un peiteado xuvenil. Son eses pequenos detalles que, de balde e sen pedilos, che dan labazadas de realidade.
[Fotografía The big shadow de SheilaTostes]

5 comentarios:

  1. Chove ?. Por aquí fixo sol e calor.
    Ti aínda terás peiteado de nova pero outros case nin temos.
    Graciñas polo piropo.

    ResponderEliminar
  2. O importante é que a chuvia non lle desfaga o peiteado, vexo que leva paraugas. Ben.
    Os demais... tamén irán algún día á perruquería. Outros non. E chovera sobre todos eles.
    Apertas solidarias, os temas do pelo son algo moi serio tamén para min.

    ResponderEliminar
  3. Pois som. Seriosíssimos. A sério. Eu tb tenho que ir fazer qualquer cousa co meu um dia destes mas só de pensar em entrar numha dessas salas de tortura... iiihhhh arrepios!

    ResponderEliminar
  4. Eu adoro ir a que me dean cariniños, e o que máis, o lavado de cabeza ben feitiño, ummmm

    ResponderEliminar

Deixa a túa pegada.