Páxinas

2007/06/02

Rubideira teimuda I

Aquí continúo, un ano despois de que alguén me metese o formiguiño de realizar esta viaxe.
Agardaba ser rubideira teimuda pola cortiza da rede de redes e algo fun facendo.
Cruzáronse moitos camiños alleos co meu, case que sempre enriquecedores e amables, estoulles agradecida por facer que fose así.
Aínda que por veces houbo tentacións de abandonar a selva, de momento creo este é un vicio furtivo que me podo permitir e que quero seguir compartindo con tod@s vostedes.
Grazas de novo por estaren aí.
[Rachmaninov - Rapsodia sobre un tema de Paganini]

powered by ODEO

12 comentarios:

  1. Parabéns polo aniversario, X.
    Un saúdo e aquí estaremos.

    ResponderEliminar
  2. P A R A B E N S!!!. Un pracer compartir visitas e comentarios con vostede.

    Unha aperta de celebración.
    :)

    ResponderEliminar
  3. Parabéns polo aniversario e grazas a ti! :)

    ResponderEliminar
  4. Parabéns. Espero que as raíces medren fortes e que o árbore sexa centenario.

    ResponderEliminar
  5. Parabéns e a seguir así. Cun pouco de tempo pódese manter unha selva vizosa.

    ResponderEliminar
  6. X, minha linda, nom sei se peco de ousada, mas vejo-te estes dias que nom te vejo. Em qualquer caso, o prazer tem sido sempre nosso. Felicidades!

    ResponderEliminar
  7. Parabéns por este aniversario X, un saúdo moi especial para vostede desta doutora inexperta nestas angueiras da rede... non me esquezo de que vostede foi a primeira en achegarse á consulta (a distancia) da miña paciente e desexarnos o mellor, xa que logo, prezada madriña virtual, unha aperta e o desexo de que continue un ano máis para goce de todos os que pasamos por aquí.
    (Cheguei tarde, pero cheguei)

    ResponderEliminar
  8. Doutora, xa non lembraba eu o apadriñamento, mais visto como medra o cativo fachendeo de afillado.
    Estimado Fisiólogus é unha alegría para min cada vez que volve aparecer pola Selva.

    ResponderEliminar
  9. AAAAAAAAAAHHHHHHHHHHHH!!!!!!!!
    Rachmaninov, Paganini!!!!!!!!!!!!!!!
    MILES DE GRZAS NON SON SUFICIENTES, amazonas
    aperta de Yoli

    ResponderEliminar

Deixa a túa pegada.