Páxinas

2007/05/25

Medo

Pensa un que pode con todo o que lle poñan por diante, que hai que ser reflexivos nos episodios difíciles, fríos, calculadores, intelixentes, racionais...
e de súpeto unha forza extraña aprisiónache o estómago, e notas que che doe, alí, dentro, coma nun centro de gravidade ata ese momento inexistente, e xa o medo está dentro apoderándose de ti, minimizando calquera pensamento positivo que se che poida ocorrer, anulando o teu lado máis racional...
e foxes cara a inconsciencia agardando que o tempo pase...
e vai o tempo e non pasa.

13 comentarios:

  1. Moi bo, esa descrición podería aplicarse ao proceso de namoramento...a emoción que realmente nos fai sentir vivos, auténticos, reales, non só soñadores.
    bicos
    moralla

    ResponderEliminar
  2. Que cousas, a min antóxaseme mais ben todo o contrario. Un amor non correspondido, o que se acabou, mais non para as duas partes... amores imposibles. Ese desexar que o tempo cure as feridas, "e vai o tempo en non pasa" e as feridas seuen doendo, moi dentro.
    Bicos,X, sempre consigues que non quede impasible ante as tuas reflexions.

    ResponderEliminar
  3. Basicamente X,porque o tempo non entende de medos cabróns.Por certo srta,ti nunca chegas tarde.

    ResponderEliminar
  4. ...e vai o tempo e pasa cunha sádica calma, cunha cruel lentitude, el, o tempo, que normalmente voa (e o reloxo sempre igual, ó mesmo ritmo, coma se os minutos duraran sempre sesenta segundos). Si, ben sei, ben te entendo.

    ResponderEliminar
  5. Un sempre é máis forte do que pensa... pero non se pode fuxir. Hai que vivir esas situacións e dixerilas como se poda.

    ResponderEliminar
  6. É marabillosa a sensación que un/unha sinte cando se enfronta ao medo, aínda que o sinta.
    Cando non fuxes, e falas con él de fite, sentes liberdade, ás para voar alto.
    Mais sentir medo é de humanos, tamén fai sentir a un coma un ser vivo. O máis alucinante é cando falas con ese medo é daste conta de que é o teu amigo e tamén podes agarimalo e bicalo con suavidade e amor.
    bicos
    Moralla :-)

    ResponderEliminar
  7. Pasa... pero nunca á velocidade desexada cando un quere quitar a presión do estómago. E ao medo únese a dúbida e imos aviados...
    Fermosa descrición.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  8. O medo só agarda a que deixeimos de darlle de mamar, despois o tempo xa volve au seu ser.

    ResponderEliminar
  9. E fuxes, corres todo o que podes e cando cres que xa quedara atrás... o terror reaparece. Levábalo ti dentro, non si?

    ResponderEliminar
  10. O tempo pasa e con el pasa o medo...

    Unha aperta grande.
    :)

    ResponderEliminar
  11. Leva o seu tempo vencer o medo, pero non é imposible.

    ResponderEliminar
  12. No fondo os medos son crenzas moi arraigadas e por tanto moi difíciles de superar, pantasmas aos que é precisa facer fronte, senón o máis probable é que non se deteña nunca a fuxida.
    Apertas

    ResponderEliminar
  13. Doulle a benvida a tío Pepín ao blog, a el e ao resto de fieis visitantes, grazas.

    ResponderEliminar

Deixa a túa pegada.