
Ben o saben algúns:
"Soño coa primeira cereixa do verán. Doulla e ela lévaa á boca, mírame con ollos cálidos, de pecado, mentres fai súa a carne. De repente, bícame e devólvema coa lingua. E eu que marcho tocado para sempre, o óso da cereixa todo o día rolando no teclado dos dentes como unha nota musical."
"Soño coa primeira cereixa do verán. Doulla e ela lévaa á boca, mírame con ollos cálidos, de pecado, mentres fai súa a carne. De repente, bícame e devólvema coa lingua. E eu que marcho tocado para sempre, o óso da cereixa todo o día rolando no teclado dos dentes como unha nota musical."
(Manuel Rivas, Que me queres, amor?)
Vía Brétemas.
Cereixas,cereixas,cereixas!!!
ResponderEliminarquei che ghustar provocar coa boca...
ResponderEliminaruffff...
ResponderEliminarCoido que aínda están moi caras, pero se o argumenta así...
ResponderEliminarHomedareia non quero saber en que dubidoso estado posteou o comentario :)
ResponderEliminarSaúdos aos demais e gocen das cereixas.
Esa parte do libro téñoo cravado nos miolos dende fai anos. Cada vez que vexo unha cereixa lémbrome del, espero que non se me note demasiado.
ResponderEliminarAs cereixas son as miñas froitas favoritas así como tamén o son as súas árbores en primavera. Todo un espectáculo da natureza.
ResponderEliminarOnte día 16 estaban a máis de seis euros quilo.
ResponderEliminarpois non sei en que estado pensou que estaba...
ResponderEliminara propósito, se quere beber para aclamar a súa sede, xa ten o vaso cheo.
A cereixa é unha froita riquísimaaaaaaa.
ResponderEliminarUnha aperta.
:)
gustame moito!!!! sobre todo, comelas co meu fillo e ver como vai pintandolle a cara de cor vermella e el tan contento, tan feliz!
ResponderEliminarA erótica da cereixa..mmmm bonito texto de Rivas, eu teño unha cerdeira fermosa con cereixas medio vermellas non tanto coma a da foto...estou desexando pousalas na lingua e facer rodar o óso en boca allea...
ResponderEliminarBenvido ao blog, Roi Buligán.
ResponderEliminarAos demais, e a vostede tamén, deséxolles que gocen inmenso das cereixas esta temporada, tanto en boca propia coma en boca allea :)