
Words cando agardabas por min no bus coa carpeta no asento do lado para que ninguén ousase ocupalo senón eu. Words para aqueles apuntamentos, roces, segredos, caricias, susurros, risos, bicos... iniciais pintadas cos dedos no bafo dos dous no vidro. Tempos en que aínda non nos podiamos enviar sms e deixabas un papeliño dobrado dentro do cinceiro do respaldo do asento número 8. Words para aquelas viaxes en que esqueciamos que o bus tiña vidros e compartiamos tamén as bágoas emocionadas, frustrantes e cheas de paixón dunha adolescencia que nos viña grande.
Fermosas words X
ResponderEliminarOnde estea o encanto do papeliño aquel ( con todas as letras das palabras), que se quiten os sms imitantes a neolingua...
ResponderEliminarAi, esa adolescencia!
ResponderEliminarese bus.... a carpeta, as miradas, as ansias... deberia estar prohibido viaxar en autobus cando tes menos de 20, jejeje.
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarCuanto ingenio han desperdiciado los teléfonos móviles...me encantó lo del n·8.
ResponderEliminarBico, X
moi moi fermoso... pero a quen non lle ven grande a adolescencia?, a min polo menos oito tallas, un desastre, vamos. E que tempos aqueles nos que non había móviles nin internet e as cousas clandestinas eran mais artesanais, ains...
ResponderEliminarEstou co moucho, a adolescencia vennos grande a todos, pero con todas as dificultades que conleva ser adolescente, eu voltaría a intentalo por ver de facelo millor, jajaja...
ResponderEliminarAgora eso si, moito millor sen móviles, nin sms, nin trapalladas. Co bonito que che é eso que contas do autobús no asiento nº8...
un saudiño.
Creo que foia primeira canción que aprendín en inglés, aínda que me levase anos caer na conta que o "doncamilli" do comezo non era outra cousa que don't come easy; e é que na propia letra da canción se achaba a resposta :)
ResponderEliminarAquel foi para min un verán de descuberta de moitas cousas, entre elas a música e o piragüísmo, e non digo máis!
Doulles a benvida ao blog a Xurxocimadevila e a Rifo I de Zeuquirne, aos demais, afectuosos saúdos.
ResponderEliminarPrecioso texto e preciosa fotografía!
ResponderEliminarbeautiful words...
ResponderEliminar