Páxinas

2007/04/19

Beixo ou chocolate

Seica uns estudosos británicos acaban de demostrar que as persoas se estimulan máis deixando derreter o chocolate negro na súa boca que co beixo máis apaixonado.
Nunca entendín esa teima de querer agrupalo todo en dúas categorías excluíntes, comedor ou terraza, menú ou carta, café ou sobremesa, traballo ou pracer, por que renunciar a telo todo?

17 comentarios:

  1. Pra non empachar...bico e boa noite chocolatera

    ResponderEliminar
  2. tamén hai quen di que existen dúas clases de persoas, as que dividen as cousas en duas clases e as que non...

    ResponderEliminar
  3. Fai uns anos conocín a un home que decía que o queixo de Cabrales regado cun bon Rioxa lle proporcionaba unha experiencia orgásmica mellor ca que lle podía ofrecer unha muller.
    Manda carallo!

    ResponderEliminar
  4. Eso digo eu, porqué renunciar a telo todo... xa a vida se encarga de irnos quitando opcións e cousiñas polo camiño.

    ResponderEliminar
  5. X, ten vostede algo no seu email, o prometido, antes de que pille unha gastroenterite por mor do chocolate
    ;-)

    ResponderEliminar
  6. Está bem, quanto a beijos, admito-o, som mais gostosos alguns beijos. Além do mais, curiosamente, eu nom som capaz de deixar nada derreter na boca, pode-se tentar mas chega um ponto que nom podo evitar morder seja o que for. Chupes, caramelos, chocolate. Prestam mais!
    Mas, sem dúvida, antes o chocolate que o sexo. Co chocolate tudo som vantagens! Simples, fácil, inofensivo, delicioso, accesível, variado, altamente satisfatório; certamente, compensa, compensa.
    :P

    ResponderEliminar
  7. Gustaríame ver esa investigación... Non me creo nada.
    O chocolate pode ser moi placenteiro e estimulante, pero un bico apaixoado e correspondido... eso non ten parangón.

    ResponderEliminar
  8. Vexo que algúns se puxeron de acordo para volver visitar a Selva de Esmelle, é para min unha alegría :)
    Mrs. Doley nunca a pensara tan descrida :O
    MO, contención.
    Rifo i de zeuquirne, canta razón ten!
    O Raposo, por si que era curioso o tipo, o Cabrales está ben, o viño tamén, peroooooo...
    Ictioscopio, e vostede de que grupo é?
    Torreira, disque hai cousas que nunca empachan.

    ResponderEliminar
  9. de ningún que me queira de socio, supoño...

    (no anterior comentário despisteime e asinei co alcume de toda a vida e non con este co cal me coñeceu, e co que rara vez ligo ao meu blog, espero non a ter deslocado muito)

    ResponderEliminar
  10. Non tema, recoñecino perfectamente :)

    ResponderEliminar
  11. Co chocolate hai que ter mesura, cos bicos non, xa que logo bicos con chocolate sen exceder a cuota diaria de cacao e despois seguir só cos bicos ata...

    ResponderEliminar
  12. Eu prefiro o chocolate, non me fai pensar tanto como os bicos, un pracer sen complicacións, unha pequena felicidade sen consecuencias emocionais, unha tregua para os sentimentos sen renunciar ós sentidos. Compréndovos se empezades a mirarme raro.

    ResponderEliminar
  13. Acordo con vakastolas, pero que sería da vida sen complicacions, consecuencias emocionais... primeiro bicos e despois chocolate, eu tampouco quero elexir.
    Un post moi doce X.

    ResponderEliminar
  14. yo tampoco lo entiendo. la foto me está haciendo dudar.

    ResponderEliminar
  15. Vakastolas nunca a miraría raro :)

    ResponderEliminar

Deixa a túa pegada.