Páxinas

2007/03/20

Iraq catro anos despois

Cando penso nos milleiros de mortos e feridos imaxino as súas vidas antes de morrer ou cambiar para sempre. De seguro que eran cidadáns coma min, coma ti e coma ti tamén, preocupados por asuntos correntes, por esas pequenas cousas que van enchendo día a día o caminiño de cadaquén; e penso na inxustiza que un día se cruzou e botou a perder todo. Despois, só podo sentir unha mestura de rabia e resignación por eles mentres aló no fondo xorde o alivio de saber que os meus andan en guerras moi diferentes.

10 comentarios:

  1. catro millóns de vietnamitas e camboianos ían en Indochina até que os iankis foron tomar vento... agardemos que desta non chegue a tanto.

    ResponderEliminar
  2. E Aznar aínda non nos pediu perdón.
    A nos e a eles. Sobretodo a eles.

    ResponderEliminar
  3. A solución maxistral que ronda pola enferma mente de Bush, coa bendición de Aznar, so pasa polo exterminio total dun pobo que, na súa simpleza, considera "malvado".

    ResponderEliminar
  4. Aznar e un covarde belicoso indixesto e o que dis unha traxedia mais deste taboeiro de xadrez onde xogan estes impresentables co mundo

    ResponderEliminar
  5. Aznar debería ser xulgado...
    Non á guerra.

    ResponderEliminar
  6. 650.000 dícan hoxe e Aznar xustificándose en Sydney con esa merda de inglés "home English" que fala. O mundo está en mans de catro burros.

    ResponderEliminar
  7. Se só foran catro!!! Aznar dí que el "pensaba" que sí había armas... miá avóa sempre me dí que pensar é de burros. E as avóas sempre teñen razon.

    ResponderEliminar
  8. Terrorismo de estado en toda regra... Sen comentarios...

    ResponderEliminar
  9. Aznar es básica e irremediablemente lento, en la acepción más despectiva,por supuesto.

    ResponderEliminar

Deixa a túa pegada.