Páxinas

2007/02/15

Esquecer

Podías ter deixado unha nota, eu chegaría, veríaa...
Tardei un cigarro en decatarme de como perderas toda a elegancia nesa mensaxe infantil e covarde no contestador.
Nin sequera experimentaches o requintado pracer da despedida que tanto che gusta.
Quédanche as chaves enriba do aparador.
[Fangoria: Las ventajas de olvidar]

13 comentarios:

  1. Aínda onte me contaron de un que deixou á súa moza polo Messenger.Iso si que é triste.

    ResponderEliminar
  2. Os sentimentos poden perder a maxia. Debese asumir con dor pero con normalidade.Igoal que se crean versos para namorarse, ten que haber versos de dignidade é cariño nas despedidas.
    Fermoso Blog.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  3. Jo, deixar a moza polo Messenger. Xa por teléfono me parecía covarde e moi mal gosto, ... polo Messenger é do pior.

    ResponderEliminar
  4. Náufrago e Mendinho: Se se pode coller moza polo messenger por que non se ha de poder deixar polo mesmo medio?
    Moitas grazas, Brais, e benvido.

    ResponderEliminar
  5. PAVA: isto é feminismo.
    MOI BO POST
    UN BICO DE FRATERNIDADE
    POR DESGRAZAS, HAI MOITO COVARDE ANDANTE (non o digo por todos, non me ataquedes agora!!!) pero habelos/as-hailos/as

    ResponderEliminar
  6. Grazas MO, mais non é feminismo, é só unha misión humanitaria.

    ResponderEliminar
  7. Gústame este post.
    Non só pola foto, ainda que direi que non me deixou indiferente.
    Manter a elegancia é mais difícil despedíndose polo messenger. O se cadra é mais doado

    ResponderEliminar
  8. ghanito:...e máis covarde
    X: o feminismo forma parte da loita pola mellora da humanidade

    ResponderEliminar
  9. À minha irmã deixaram-a por sms, isso dói..

    ResponderEliminar
  10. MO concordo en que o feminismo forma parte da loita pola mellora da humanidade, e estou orgullosa dos meus actos feministas, cando o son. Simplemente entendo que este non o é porque non reivindica nada especificamente feminino, só por iso, non por outra cousa :)

    ResponderEliminar
  11. Morra o conto, que eu gosto do teu post, compañeira. Bico neutro.

    ResponderEliminar
  12. Fermoso post X (ainda que sexa de ausencias pouco elegantes)

    ResponderEliminar

Deixa a túa pegada.