Noto que cada vez estou máis certa do que quero ou, polo menos, do que non quero. Tamén noto que cada vez calo menos, debe ser que vou adiviñando como me gustaría que fosen as cousas.Antes os desencontros eran motivo de martirio psicolóxico, agora véxoos como chanzos cara á felicidade.
Sempre agradecín a brevidade das nosas guerras.
Vou vella ou aprendo?
Ambas cousas?
Boto de menos un cigarro.
[Cadro de Beatriz Soto Suárez titulado Desencuentro]
moi bos os links, moi bos. Estás deixando de fumar? Cando un sabe o que quere é porque está madurando, e iso sempre é bo.
ResponderEliminarSe vas sabendo o que non queres, xa é bastante.
ResponderEliminarCreo que un nunca deixa de fumar.
ResponderEliminarUn chega a saber algunha vez o que quere ou convéncese de que o sabe?
ResponderEliminarA cuestión é saber o que un non quere se non se sabe moi ben o que un quere...
ResponderEliminarDeixar de fumar é unha cuestión mental, só hai que ter disciplina, moita disciplina.
A miña nai tras moito tempo fumando, un día dixo: deixoo e así fixo. Non volveu a tocar un pitillo a pesar de que o meu pai segue fumando na casa o mesmo tabaco... Xa hai dez anos que non fuma.
Autoconvencerse non soe dar moi bo resultado pois a miúdo resulta unha loita entre o que un realmente quere e o que desexaría querer, ou sexa, un desastre!
ResponderEliminarAlfama, convenceume. Grazas.
ResponderEliminar