Páxinas

2006/08/29

Caneiro baixa


Veloso vén de publiciar un post titulado La estupidez avanza sobre o feito de que Xosé Carlos Caneiro estea a publicar en castelán como columnista en La Voz de Galicia. Tanto el (aínda que se fose así eu creo que non tería feito o post) coma paideleo e nemeth inciden na pouca importancia do feito e amósanse para o meu gusto bastante comprensivos co tema. Confeso que xa estou un tanto farta de tanta relaxación e de tanto bilingüismo harmónico todo vale.

6 comentarios:

  1. Todo individuo ten dereito a expresarse na lingua que lle pete. Por suposto, Xosé Carlos Caneiro tamén, aínda que, evidentemente, eu preferiría que seguise a escribir en galego. Paréceme moito máis grave o desleixo social, o pasotismo das empresas, a deixadez da administración, a indiferencia da igrexa e a franca hostilidade de certos medios de comunicación.
    Un cordial saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Concordo con vostede, mais que o outro sexa máis grave desde o meu punto de vista non inflúe na valoración que fagamos do comportamento individual de alguén que por suposto se pode expresar como queira (creo que isto xa é obvio) pero que desde logo ten unha relevancia social.

    ResponderEliminar
  3. a tolerancia absoluta sería maravillosa de non ser por esa maldita manía das cousas de ter implicacións...

    un saúdo.

    ResponderEliminar
  4. "A minha pátria é a língua portuguesa"*, por isso continuarei a expressar-me na língua que estou a aprender.

    Saudações
    Pito

    "Fernando Pessoa"*

    ResponderEliminar
  5. Eu dixen que me estrañara e que me semellou unha traizón pero cada un ten as súas ideas e a Caneiro déuselle agora por iso e respeto a súa decisión...faltaría máis.
    Pero tamén tés razón e non deixa de ser triste este bilinguismo harmónico.

    ResponderEliminar

Deixa a túa pegada.