Páxinas

2006/07/05

Ai, lobo, canto sabes!

Os días son intensos ao carón do lobo, desde as eclipses de sol ata a súa camisiña nova, pasando polos seus círculos ou o bocado inmenso da cea. Lobo sorrí mais non deixa ver os dentes. Son días de cambio estacional na climatoloxía de lobo, xornadas de claros, nubes, lóstregos e entre eles raiolas a colárense no medio das tormentas. Son intermedios entre as súas horas, ritmos imposibles de manter. Lobo ensina a patiña, quere aloumiños antes da guerra. Ai, lobo, canto sabes!

6 comentarios:

  1. Considera vostede que existen lobos de fiar?
    Xusto aí é cando se perden as carapuchinas, no momento en que comezan a pensar que o lobo deixou de selo só para elas.
    :)

    ResponderEliminar
  2. os lobos aman ás lobas

    ResponderEliminar
  3. Ben o sabe vostede, fillo de Pelasgo e da pálida sen igual Melibea.
    Os lobos aman ás lobas porque só elas son quen de saciar a súa fame.

    ResponderEliminar
  4. Un lobo, aparentemente, cuns intereses apaixonantes. :)

    ResponderEliminar

Deixa a túa pegada.