Mesmo nestes tempos de total desgana non me puiden resistir a traer aquí esta imaxe. Roubeina do blog de Roger Michelena e recoméndolles a entrada completa cun test gráfico que lles dirá que tipo de lectores son vostedes.
"A cidade ha de ir en ti sempre. […] A vida que aquí perdiches destruíchela en toda a terra." K. Kavafis
2011/04/15
2011/03/24
2011/03/23
A volta
Hai días en que pasan cousas boas.
Volveu o fillo pródigo, o reincidente, o inspirador, aínda que nunca marchara.
2011/03/16
WANTED
Búscase Robinson dunha illa na que sempre se estaba ben e que quedou deserta no medio da Selva.
Tamén atende ao nome de Kaplan.
Visto por última vez o 14/03/2011.
Agradecerase calquera tipo de información.
Non se establece tipo ningún de recompensa por respecto á vontade do desaparecido.
Se le esta mensaxe, volva!
2011/03/15
2011/03/03
Campaña de animación á lectura 83 - Na escaleira
Mr Tichborne fixo os deberes ben feitiños, e a falta dunha foto, fixo dúas, creo que nesta avaliación merece unha bota nota pola aplicación. Vostedes dirán.
2011/02/22
Campaña de animación á lectura 82
Fotografía de Tina Modotti, 1928.
Ante os acontecementos importantes nunca nos fiamos dos demais e precisamos ver cos nosos propios ollos o papel, aínda que non saibamos ler.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)