
Andaba eu a pensar no asunto este dos blogs, en
Eva e Adán e esas cousas e xurdíronme unha serie de preguntas ás que non souben dar resposta, agardo que algún dos paseantes da Selva poida quitarme da intriga.
- Quen foi @ primeir@ blogomilleir@?
- No caso de que fose home o primeiro blogomilleiro, quen foi a primeira blogomilleira?
- Quen é @ blogomilleir@ en activo máis antig@ na actualidade?
- Hai algún estudo no que se indique aproximadamente a porcentaxe de blogomilleir@s atendendo ao criterio do sexo?
- Coñécese a porcentaxe de blogs feitos en Galicia atendendo ao criterio da lingua empregada?
Agradézolles por adiantado a súa colaboración.
Mapa procedente da
Guía de Información Académica e Profesional.