Páxinas

2011/09/27

Sunshine Award para a Selva 2 de 2

Quero agradecer de novo o premio Sunshine Award que lle foi concedido á Selva polos blogs Revolta da Freixa, Reincidente e A cova do raposo e como corresponde decido darlle o premio desde a Selva aos seguintes blogs ordenados alfabeticamente (quedan excluídos os que me concederon o premio). Polo demais vou premiar aqueles que me aluman aínda que xa outros lles concedesen o premio previamente.

A conta da caperucita nunca bate certo


Anoche soñé que había vuelto a...


Calidonia


Chove en ningures


Dor na retina


Gradicela

Neobestiario


Outras lerias


Pés espidos


Vadeorosa


Cando era pequena...

O señor Kaplan sempre acaba meténdome nestas leas, aí vai o meme.

Cando era pequena compartía unha habitación italiana coa sala, e no meu cuarto había unha mesa de comedor de libro horrible que cando estaba pechada era como un ataúde.

Cando era pequena sentaron ao meu carón a Elenita, unha nena feuchiña, que camiñaba encorvada coma unha vella, eu creo que para que non se lle vise tanto a cara onde agachaba un labio inferior cunha cicatriz no medio, e que non falaba con ninguén. Ás dúas semanas chamaron á casa, operárase o milagre, a muda Elenita descubrira o pracer de falar na clase e eu, de premio, volvín quedar soa nunha mesa á espera da seguinte muda que considerasen necesitada da miña terapia.



Cando era pequena Vicente, que para min era un neno guapísimo, era o encargado de repartir os lapis na aula e eu era feliz cando me daba un longo, afíado e noviño.

Cando era pequena era a preferida de meu pai.

Cando era pequena os Reis trouxéronnos a meu irmán e mais a min unha BH, pero tiña prohibido levalo detrás. Levar, leveino, caemos, a curva do gardalamas cravóuseme na parte interior do xeonllo, non houbo panos abondos para tapar tanto sangue, subimos silandeiros á casa e metinme no baño sen saber que viña deixando un regueiro de pingas por todas as escaleiras dende o portal. O chivato confesou, a min leváronme a urxencias, castigáronme e durante semanas presumín da miña primeira cicatriz de guerra.

Cando era pequena miña nai na misa dábame un peso para que botase na colecta e eu preguntáballe se era meu, ela dicía que si, e daquela eu dicíalle, pois se é meu, damo en pesetas que eu reparto. Nin os nenos pobres sen casa nin pais, nin os velliños sen casa, nin nada de nada me facía cambiar de opinión, e así domingo tras domingo pelexabamos polo maldito peso que eu acababa devolvéndolle dicíndolle que para iso que llelo dese ela, que se o peso era meu non llelo daba a aquelas mulleres de sorriso malvado mal disimulado.

Cando era pequena en canto apagaba a luz, sometía a roupa arredor do meu corpo e permanecía inmóbil ata que quedaba durmida porque había unha serpe que reptaba dende debaixo da cama disposta a me cravar os seus dentes ao máis mínimo movemento.

Cando era pequena a felicidade durou pouco.

2011/09/24

Sunshine Award para a Selva 1 de 2


Quero agradecer o premio Sunshine Award que lle foi concedido á Selva polos blogs Revolta da Freixa, Reincidente e A cova do raposo e que en canto poida concederei eu tamén a outros doce blogs, é unha alegría aparecer nas súas listas habendo como hai tantas e tan boas bitácoras no blogomillo.

E mentres non cumpro con esta e algunha que outra cousa pendente, e como volve Amaral, e iso na Selva sempre é motivo de celebración, déixolles este Hacia lo salvaje, anticipo do novo disco.


2011/09/10

Virxilio Fernández Cañedo (1925-2011)

Os contemplativos (Virxilio, 1988)

Prematuramente ten que ver a luz un dos sofás da Selva porque 8 de setembro faleceu o autor da fermosa pintura, Virxilio.

Un día soou o timbre, dixeron o seu nome e abriu pensando que se trataría de correo, despois duns minutos de escoitar tombos e voces polas escaleiras tiña na súa porta dous rapaces que lle traían un sofá, ela non mercara ningún sofá pero os datos da entrega eran os seus, o moble viña acompañado dun sobre cunha tarxeta coa mensaxe: ÍSPETE, TÓMBATE E CERRA OS OLLOS. Como non tiña sitio na casa indicoulles que o deixasen no medio e medio da sala, xa logo había pensar que facía con el, agora só podía intentar poñerlle nome ao autor de semellante agasallo.
Pensou que se facía o indicado habería de ter unha visita e espiuse e tombouse e cerrou os ollos e agardou a súa chegada.
O sofá resultaba cómodo malia non ser excesivamente largo senón máis ben un chisco curto para se poder estarricar toda. 
Pasaban os minutos e ninguén daba sinais de vida, pensou que quizais non sería unha visita senón unha chamada e procurou ansiosa o móbil no bolso, na cociña, na cama, ata atopalo apagado enriba do moble do baño. Acendeuno coa esperanza de ter algunha chamada perdida pero nada. Pousou o móbil á súa beira no chan e volveu a tombarse no sofá.
Tiña a rixidez xusta, amoldábase ao corpo sen se afundir, era realmente cómodo. Cos ollos cerrados pensou nas fermosas listas anchas en papaia e azul maia separadas polas finiñas douradas da tapicería que acariñaban a pel.
E alí tombada esqueceuse de si mesma e veulle o sono, e soñou mundos de cores imposibles mentres elas e eles entraron con cadansúa tarxeta no peto onde se podía ler: ENTRA, CALA, CONTEMPLA E MARCHA.

2011/09/08

Manuel María (1929-2004)

Fotografía tirada de Terra e Tempo


Manuel María, 7 anos sen a túa voz quebrada.

Setembro

video
(Final de Solos en la madrugada, filme de 1978 dirixido por José Luis Garci)

A vida empeza en setembro, tanto ten cando teñas as vacacións cada ano, que agora desaparecese agosto enteiro e sexan partidas, pero este é o mes de empezar aínda que xa non teñas que comprar forros para os libros nin caixas de plastidecores. No setembro dos zafiros e as caléndulas pensas que rápido marchou o verán, e case o ano todo, e mentres camiñas só cara a unha casa na que ninguén agarda por ti, calculas canto han tardar os salgueiros en estar nevados e márcaste prazos para novos obxectivos.   
Estamos en... 2011, somos adultos... en setembro... hai que facer algo... IMOS CAMBIAR DE VIDA!

2011/09/07

O cine dos últimos meses




Os filmes están ordenados por puntuación seguindo a clasificación selvática:

10 (Podería volver a vela mil veces. Esta é das miñas)

9 (Para lembrar, para volver a ver, para gozar diante da pantalla)
High Art (1998)
My fair lady (1964)
Yo confieso (1953)

8 (Tes que vela)
Ariane (1957)
Cisne negro (2010)
El aviador (2004)
El inocente (2011) 
Nowhere Boy (2009)
Sin límites (2011)
Yo soy el amor (2009) 

7 (Lémbrame que debería ir máis ao cine)
La impetuosa (1952)
Morning Glory (2010)

6 (Veña, si, por haches, por bes ou por cetas, si)
Burlesque (2010) 
Middle Men (2009)
Trust (2010)

5 (Non ocupar nin unha neurona lembrándoa)
El castor (2011)
Paycheck (2003)
Win win (2011)

4 (Como aburrise diante dunha pantalla)

3 (Mala)

2 (Sinxelamente insoportable)
El plan B (2010)

1 (Antes morta que volver a vela)
Cruzadas (2011)

2011/09/05

Campaña de animación á lectura 96