"A cidade ha de ir en ti sempre. […] A vida que aquí perdiches destruíchela en toda a terra."
K. Kavafis
Páxinas
▼
2006/10/04
Malade
Un trancazo en toda regra, nun par de horas apoderouse de min superando o mellor dos amantes. Sen presentacións previas nin miradas insinuantes, tose, gorxa irritada, imposible respirar polo nariz dorido de tanto recoller as pingueiras, febre, cabeza que estala e os ollos...
pois ánimo!!! que eu xa o pasei... xDD camiña, sofá, manta, sopiñas e antibióticos.
ResponderEliminarEña, que hai que recuperarse!!! Ti dálle ao frenadol, que o frenadol todo o cura.
ResponderEliminar"comentario patrocinado polos laboratorios que fabrican Frenadol."
A iso chámanlle: gripe (creo)
ResponderEliminarO zumo de limón con auga fervendo e un pouco de mel é moi eficaz e é moi desagradable na miña opinión.
ResponderEliminarPero sempre é mellor tomar ese brevaxe que non antibióticos.
Mellórate!
Recúperate pronto! ;)
ResponderEliminarMoitas grazas a tod@s.
ResponderEliminarO consello de Mrs. Doyle paréceme axeitado de todo. Pero se non dá regado, auga e zumes son boa alternativa. E moita cama (en soidade).
ResponderEliminar¡A repoñerse, que fai falla xente coma vostede! ;-D
¿Regado? Tragado, quería dicir. É o que ten escribir cunha man tendo conta dun pequeno na outra.
ResponderEliminarSaúde (nunca mellor dito).
mel fervendo con zumo de limón duas veces ao día. Que post tan orixinal!
ResponderEliminarEra certo, non morrín.
ResponderEliminarSigo tomando remedios caseiros, remedios farmacéuticos, remedios alternativos...
Aínda hai X para un tempiño :D