
Este post leva dous meses gardado como borrador agardando este día para se converter no meu agasallo de fin de ano para vostedes, para todos os que me teñen acompañado desde que fai sete meses principiara a aventura deste blog e para os que sigo desde hai tempo.
O meu presente hoxe é a visión dun dos fragmentos de cine máis queridos para min, pertencente ao filme Nuovo Cinema Paradiso. Trátase dun fermoso agasallo, que o rapaz Toto, xa convertido nun Salvatore adulto, recibe como herdanza do seu amigo Fredo (Alfredo). Consiste nunha montaxe dos bicos e imaxes censuradas que Fredo fora gardando ao longo dos anos e que recibe agora cando o seu amigo está morto, e todo isto na atmosfera da belísima banda sonora de Ennio Morricone e Andrea Morricone.
Deséxolles un novo ano cheo de furacáns, tormentas e brisas de beixos.
Sempre súa.
X
Bo agasallo.
ResponderExcluir(Teño que vela peli, que aínda non a vin)
Feliz 2007!
Moitas grazas por tan fermoso agasallo!
ResponderExcluirFuracáns, tormentas e brisas de bicos!
Bo ano!
Feliz Ano a vostede tamén!
ResponderExcluirGrazas por agasallarnos con esta fermosa e doce historia.
Mrs. Doyle
Feliz 2007 X de parte dos tres, bonito agasallo, é unha escea inolvidable.
ResponderExcluirBeixos, roubados ou censurados. E compartidos. Beixos tamén para vostede, preferiblemente musicados por Morricone. Feliz entrada de ano!
ResponderExcluirFermoso presente. Grato pracer a túa compaña.
ResponderExcluirF E L I Z 2007!!!.
Unha aperta e un beijo enormes.
:)
gran 07, tamén para X
ResponderExcluirEu tampouco vin a película, mais é un moi bonito agasallo para rematar o ano, hehehe... Feliz 2007!! :D
ResponderExcluirFelizérrimo ano para ti também, linda!
ResponderExcluirUm abraço/feixe de bons, melhores e óptimos desejos. :)
Vin esa película varias veces e encántame, a mellor película italiana dos 80´
ResponderExcluirxenial felicitación. :)
feliz ano!
feliz ano, x!!! gracias polo agasallo!!!
ResponderExcluirFeliz Año Nuevo
ResponderExcluirImposible imaginar un regalo tan original!
ResponderExcluirBuen año.
Saúdos a tod@s e quérolle dar especialmente a benvida ao blog a fror de toxo (e os seus acompañantes) e a menina.alfama, celebro que lles gustase o agasallo.
ResponderExcluir